O fin de semana tivemos moi bo tempo e fomos de paseo facer unhas fotos pola fermosa Roma adiante. As que vedes aquí están feitas na ponte Flaminia pola que pasa Corso Francia, unha das mil pontes que atravesan o río Tíber. Atópase xusto despois da famosa ponte Milvio, célebre polos mil cadeados que deixan as parellas de namorados que por alí pasan.
Atopei esta chaqueta nas rebaixas de Mango e namoreime nada máis vela. Comodísima, estampada con flores sobre fondo negro e de corte bomber, é perfecta para o entretempo romano. Tiña que ser a protagonista absoluta do look, polo que escollín uns jeans negros e unha camiseta frouxa como a quería, como a vedes? Gústame moito o toque cómodo que dá aos looks e creo que a usarei moito agora que se comeza a sentir o perfume da primavera. Os zapatos, de Pertini, son o meu calzado de diario para ir ao traballo; van ben con case todo e, sen ser nunca os protagonistas, poñen o punto elegante aos looks máis básicos.
Chaqueta: Mango // Vaqueiros: Zara // Camiseta: Koan // Zapatos: Pertini