Despois dun par de meses traballando no novo deseño do blog, aquí está! Nova cabeceira, nova maquetación e, finalmente, adaptable aos dispositivos móbiles! Espero que vos guste :)
As fotos son do novembre pasado, feitas nunha das fermosas praias da Costa da Morte. Levo un abrigo gris de neopreno de Bershka, zapatos violetas de Bimba & Lola e un sombreiriño con orellas de gato da colección de Primark para nena.
Durante a sesión de fotos, Gabriele fixo algunhas tomas de vídeo que montei nun pequeno teaser. Podedes velo aquí abaixo. Boa visión!
Abrigo: Bershka // Camiseta: Primark // Pantalóns: Primark // Zapatos: Bimba & Lola // Sombreiro: Primark
Il you like it, like it! :)