O prometido é débeda e o primeiro look do outono (aínda que non é moi outonal) chega da man de Cultura Hipster. Nesta sétima serie achegámonos ata o Panteón de Agripa, un dos templos romanos mellos conservados (e o meu favorito), cargado de historia e curiosidades como nos conta Cultura Hipster aquí.
Pero o protagonista das fotos non é o Panteón senón a fermosa carteira de man, feita en tea de saco amarela, que deseñei canda a Tamara Valverde, unha antiga compañeira de residencia agora deseñadora da marca Greenvalley. Tamara fai todo tipo de proxectos por encargo pero está especializada en complementos como bolsos e carteiras que cada cliente pode personalizar ao seu gusto, xa que ela mesma os confecciona a man. Que vos parece a miña elección?
Para esta carteira tan colorida escollín un look moi sinxelo e neutro cunha camisa branca e uns shorts vaqueiros. Espero que vos guste!
Carteira: Greenvalley // Camisa: H&M // Shorts: Levi’s // Sandalias: Be Sweet
1 comment
Leave a reply →