Hoxe Cultura Hipster acompáñanos a un dos barrios con máis historia de Roma; o gueto xudeu. Considerado un dos guetos máis antigos do mundo, foi tamén o último de Europa que quedaba de forma legal en 1870, cando foi abolido por Vittorio Emanuele II. Pasear polas súas rúas é percorrer a intensa historia hebrea en Europa; como a Via Catalana, que recorda a chegada dos xudeus cataláns logo de ser expulsados de España en 1942, ou a Via della Lungara, onde durante a ocupación nazi foron concentradas máis de mil persoas antes de ser trasladadas a Auschwitz e das que só regresaron 17. Aínda podemos atopar entre os seus habitantes a algúns superviventes a aquel tráxico episodio que contan historias abraiantes. De todos os xeitos, hoxe o barrio é unha mestura de culturas integrado na Roma cosmopolita, famoso sobre todo polos seus bares e restaurantes ademais de pola espectacular sinagoga.
Nas fotos podedes ver tamén un dos case 2500 nasoni que hai en Roma, fontes que distribúen auga potable fresquísima (fría ata en agosto!) que corre sen parar. Sobra dicir que son a máxima fan dos nasoni; á marxe dos monumentos, creo que son a cousa que máis me gusta da cidade.
Descubre máis fotos e curiosidades na web de Cultura Hipster.
Camisa: Vintage // Shorts: Zara // Sandalias: Zara // Bolso: Vintage