Hoxe ensínovos un trociño do meu parque favorito de Roma, Villa Ada, a segunda zona verde máis grande da cidade. Trátase do Templo de Flora, o que fora noutros tempos a sala de café da realeza italiana. È un edificio fermoso, moi pequeno, de base redonda e con unha balconada que se abre a un pequeno xardín cunha fonte de bronce. È un lugar agochado, onde nunca hai ninguén; desde este punto do parque non se oe o caos da cidade, xa que se atopa no medio dun bosque frondoso, e só algún romano apaixoado de historia se deixa ver por alí de cando en vez.
Neste ambiente tan especial, ensínovos un look diferente. Un black & white á miña maneira. Esta camisa de Zara gustoume desde que a vin (aínda que esperei pacientemente ás rebaixas para que fora miña), pero é difícil de combinar; precisa básicos moi básicos. Escollín uns shorts lisos de American Apparel e unhas sandalias de tacón altísimo (que, paradoxalmente son moi cómodas). Nas mans, os meus aneis moi DIY e unha carteira vintage negra con forma de sobre.
Coma cada look de The CH Series, podedes ver máis fotos en Cultura Hipster.
Camisa: Zara // Shorts: American Apparel // Sandalias: Zara // Aneis: DIY // Carteira: Vintage