Foi o outono pasado cando namorei desta fermosa camisa de Blanco. Unha das miñas últimas adquisicións, para que vos fagades á idea de canto é pobre o meu roupeiro. O caso é que me encantou o detalle das perlas e, como boa amante das camisas brancas, decidín mercala. O único pero é que é moi delicada porque tódalas perlas están cosidas co mesmo fío, ou sexa que se cae unha caen todas. Haberá que andarse con ollo.
A saia, unha ocasión rebaixil de última hora en Zara, ten un estampado de serpe; aínda que non se percibe se non ollas con atención. Gustáronme as cores e a súa forma evasé que, aínda que tampouco se ve a simple vista, alixeira un pouco a zona da cadeira.
En canto ao esmalte de uñas que salta á vista… sí, seguramente podería ter escollido unha cor máis axeitada. Pero a mín gústanme as uñas vermellas e aos meus ollos van ben con todo. Non estou moi afeita a planificar a cor do esmalte, quizáis teño que empezar a facelo.
Que dicides?, paseime co clásico neste look?
Camisa: Blanco // Saia: Zara // Cuñas: Massimo Dutti // Bolso: Vintage