INDIAN SUMMER

023MelRose083

023MelRose084

023MelRose085

023MelRose086

023MelRose091

023MelRose095

023MelRose101

023MelRose103

023MelRose104

023MelRose105

023MelRose108

023MelRose109

Dende hai un par de anos vimos disfrutando dun espléndido verán de San Miguel que nos permite alongar un pouquiño máis a roupa de verán; cousa que adoro, porque de todos os xeitos continuaría a vestirme de estío ata ben pasado setembro… sofrendo quizais o fresquiño.

Levo o meu novo carmín laranxa do que estou namorada. Aínda que é algo rariño, é moi luminoso e dálle luz á cara. Porque este tempo tan bo o vale…

Camisa: da miña nai // Shorts: Zara // Bailarinas: Zara (bastante vellas)

Ola!

Look019C30mar2012MelissaVarela002

Look019C30mar2012MelissaVarela007

Look019C30mar2012MelissaVarela012

Look019C30mar2012MelissaVarela016

Look019C30mar2012MelissaVarela032

Look019C30mar2012MelissaVarela039

Look019C30mar2012MelissaVarela044

Look019C30mar2012MelissaVarela046

Primeira toma de contacto. È necesaria unha explicación.

O meu blog nace pola miña necesidade de contarlle ao mundo (ou sexa, aos catro gatos que o leerán) as miñas ideas fashionistas. As miñas grandes ideas que ás veces me fan comprar cousas estranas e saír da casa vestida de maneiras un tanto extravagantes (só ás veces), pero que nunca deixan de aparecer e divertirme.

O meu presuposto adoita ser baixo, así que trato de argallarme entre mercados de segunda man (tamén chamados vintage, che soa máis cool) e terceiras rebaixas en Inditex e H&M. Iso si, ás veces concédome algún antollo (de non máis de 50 €, claro). Así è a vida, xentes, estamos en crise. Non vou dicir que non me gustaría ter moitas cousas que non teño, pero polo momento o que me resta é  reinventalas ao meu modo nunha burda imitación sempre económica.

Observaredes que o meu estilo pode cambiar sen moito motivo dun día para outro, porque me gusta (casi) todo, pero básicamente móvese entre o cómodo total (sen accesorios nin cousas monas) e as mesturas raras que dan lugar a looks variopintos. Digamos, aínda así, que son bastante clásica, ás veces demasiado. Intentarei domar o meu estilo e facer cousas intermedias co que o meu roupeiro me permite.

Para comezar e reunir tódolos adxetivos, un look variopinto, moi cómodo e de vestidos absolutamente clásicos.

Xersei: Vintage // Shorts: Levi’s // Botas: Vintage