VISITING TUSCIA

shorts-levis-001

shorts-levis-002

shorts-levis-004

shorts-levis-005

shorts-levis-007

shorts-levis-008

Tuscia001

shorts-levis-010

shorts-levis-011

shorts-levis-012

shorts-levis-013

Cando vou por aí de excursión, gústame vestirme con roupa cómoda que me dea mobilidade. Adoito escoller pezas curtas, con ou sen medias dependendo da estación, e un calzado co que poder turistear a gusto. Os shorts Levi’s, dos que teño varios pares, son una elección frecuente nestes casos; van ben con todo e danme total liberdade de movemento. Tamén as botiñas brancas destas fotos teñen moita experiencia en viaxes e demais, de feito están estragadas de tanto camiñar.

Esta volta, a escapada de fin de semana foi á Tuscia; unha zona do Lazio preto de Roma. Ten tanto encanto como Toscana ou Umbria, pero está menos explotada turisticamente, e na primavera é un posto moi tranquilo. As paisaxes son de película e a xente encantadora. Recoméndovola absolutamente.

Top: Vintage // Shorts: Levi’s // Cardigan: Vintage // Botiñas: Zara

BLACK VELVET

camiseta-terciopelo-06

camiseta-terciopelo-09

camiseta-terciopelo-03

camiseta-terciopelo-07

camiseta-terciopelo-04

camiseta-terciopelo-01

camiseta-terciopelo-02

Por se aínda non quedara claro, insisto, a miña economía non pasa polo seu mellor momento e iso nótase á hora de escoller que poñerme. Algo tan normal como pode ser mercar uns vaqueiros de 30€ é para min, neste momento, un soño. Solución/placebo? Ir á feira. Hainas en tódalas cidades e, rebuscando un pouco entre os montóns, pódense atopar roupas poñibles por menos de 5€. Aínda que son das que pensan que se creas un look exclusivamente de roupa de segunda man é moi probable que o resultado sexa un esperpento e que parezas tirada dun filme dos 80, ás veces o froito desta combinación non é tan desagradable á vista. Neste caso concreto, quitando os zapatos e o cinto, atopámonos ante un total look da feira.

Os pantalóns encantáronme dende o principio, aínda que teñen un corte pouco favorecedor (sobre todo no meu caso ao ter as cadeiras anchas). Por iso decidín combinalos cunha camiseta axustada, concretamente de veludo negro, que polo menos me quitase volume por arriba. O bolso, tamén Delmer (-cadillo), é de coiro e pódese usar con ou sen cadea.

Aínda que parece que xa chegou o bo tempo a Roma, pola noite seguen baixando as temperaturas, polo que o uso de medias faise indispensable. Un simple abrigo negro para evitar o fresco e listos para saír!

Que vos parece?

Top: Vintage // Shorts: Vintage // Cinto: Zara // Zapatos: Zara // Bolso: Vintage

A PEARLED SHIRT

falda-zara-serpiente

falda-zara-serpiente-04

camisa-perlas-blanco

camisa-perlas

detalle-camisa

camisa-perlas-blanco-02

falda-zara-serpiente-03

Foi o outono pasado cando namorei desta fermosa camisa de Blanco. Unha das miñas últimas adquisicións, para que vos fagades á idea de canto é pobre o meu roupeiro. O caso é que me encantou o detalle das perlas e, como boa amante das camisas brancas, decidín mercala. O único pero é que é moi delicada porque tódalas perlas están cosidas co mesmo fío, ou sexa que se cae unha caen todas. Haberá que andarse con ollo.

A saia, unha ocasión rebaixil de última hora en Zara, ten un estampado de serpe; aínda que non se percibe se non ollas con atención. Gustáronme as cores e a súa forma evasé que, aínda que tampouco se ve a simple vista, alixeira un pouco a zona da cadeira.

En canto ao esmalte de uñas que salta á vista… sí, seguramente podería ter escollido unha cor máis axeitada. Pero a mín gústanme as uñas vermellas e aos meus ollos van ben con todo. Non estou moi afeita a planificar a cor do esmalte, quizáis teño que empezar a facelo.

Que dicides?, paseime co clásico neste look?

Camisa: Blanco // Saia: Zara // Cuñas: Massimo Dutti // Bolso: Vintage