LBD

vestido-primark-17

vestido-primark-16

vestido-primark-05

vestido-primark-01

vestido-primark-08

vestido-primark-14

vestido-primark-11

vestido-primark-15

vestido-primark-18

vestido-primark-13

vestido-primark-06

vestido-primark-07

Teño este vestido dende hai polo menos 6 anos pero nunca o poño. Gústame moito, mais sempre me parece demasiado serio e monxil, así que nunca atopo a ocasión para usalo. Desta vez, para darlle un pouco de vida, decicín combinalo cunhas sandalias doradas de tacón medio e a miña chaqueta de Mango.

Unha explicación a un (case) black total look en primavera? Atopádela no meu primeiro fashion mood board en Stylight (mirade o vídeo). Unha nova forma de compartir as miñas ideas de estilo; a través de fotos, música, vídeo e citas; onde ademais podedes atopar roupa, accesorios e zapatos preciosos. Votade unha ollada aquí.

Stylight

BLACK VELVET

camiseta-terciopelo-06

camiseta-terciopelo-09

camiseta-terciopelo-03

camiseta-terciopelo-07

camiseta-terciopelo-04

camiseta-terciopelo-01

camiseta-terciopelo-02

Por se aínda non quedara claro, insisto, a miña economía non pasa polo seu mellor momento e iso nótase á hora de escoller que poñerme. Algo tan normal como pode ser mercar uns vaqueiros de 30€ é para min, neste momento, un soño. Solución/placebo? Ir á feira. Hainas en tódalas cidades e, rebuscando un pouco entre os montóns, pódense atopar roupas poñibles por menos de 5€. Aínda que son das que pensan que se creas un look exclusivamente de roupa de segunda man é moi probable que o resultado sexa un esperpento e que parezas tirada dun filme dos 80, ás veces o froito desta combinación non é tan desagradable á vista. Neste caso concreto, quitando os zapatos e o cinto, atopámonos ante un total look da feira.

Os pantalóns encantáronme dende o principio, aínda que teñen un corte pouco favorecedor (sobre todo no meu caso ao ter as cadeiras anchas). Por iso decidín combinalos cunha camiseta axustada, concretamente de veludo negro, que polo menos me quitase volume por arriba. O bolso, tamén Delmer (-cadillo), é de coiro e pódese usar con ou sen cadea.

Aínda que parece que xa chegou o bo tempo a Roma, pola noite seguen baixando as temperaturas, polo que o uso de medias faise indispensable. Un simple abrigo negro para evitar o fresco e listos para saír!

Que vos parece?

Top: Vintage // Shorts: Vintage // Cinto: Zara // Zapatos: Zara // Bolso: Vintage