PALAZZO JEANS

pata-elefante-021

pata-elefante-011

pata-elefante-012

pata-elefante-019

pata-elefante-0tt

pata-elefante-036

pata-elefante-042

pata-elefante-085

pata-elefante-080

pata-elefante-074

pata-elefante-063

Gústame moito combinar pezas básicas, ás veces un look moi sinxelo pode ser especial. Para unha reunión de traballo, decidín levar estes pantalóns palazzo cunha simple camiseta negra e unhas botas de tacón.

Que vos parece?

Jeans: H&M // Botas: Zara // Perfecto: Mango

TOPS I LOVE (I)

camiseta-gris-zara-13

camiseta-gris-zara-14

camiseta-gris-zara-17

camiseta-gris-zara-10

camiseta-gris-zara-11

camiseta-gris-zara-09

camiseta-gris-zara-08

camiseta-gris-zara-01

camiseta-gris-zara-07

Hoxe móstrovos unhas fotos diferentes. Sen cores, como o top que as protagoniza. Esta camiseta gris de Zara, do verán pasado, é unha das miñas roupas preferidas. Ademáis de ser moi versátil, ten unha forma e un texido preciosos. Aparecerá proximamente nalgún look máis elaborado.

As fotos están feitas na praia de Barizo, en A Coruña.

Camiseta: Zara // Bailarinas: Zara

The CH Series I: QUARTIERE COPPEDÈ

Vintage-Coppede019

Vintage-Coppede012

Vinateg-Coppede-doble

Vintage-Coppede017

Vintage-Coppede028

Vintage-Coppede016

Vintage-Coppede037

Vintage-Coppede050

Vintage-Coppede047

Vintage-Coppede036

Vintage-Coppede049

Vintage-Coppede035

Hoxe Mel Rose Place comeza unha colaboración moi especial co magazine Cultura Hipster. Cada semana visitaremos, en bicicleta, algún dos lugares máis auténticos de Roma para que coñezades a cidade eterna dende o seu lado más cotián. A capital de Italia gústanos pola súa historia e os seus espectaculares monumentos, pero tamén polas súas xentes, os seus barrios, as súas feiras e, sobre todo, polo seu carácter. Da man de Cultura Hipster e Mel Rose Place, descubriredes unha cidade única do mellor modo que pode ser percorrida; pedaleando.

Esta vez achegámonos ao Quartiere Coppedè, un barrio moi pequeniño e peculiar que non acostuma formar parte dos percorridos turísticos habituais. Considerado coma unha expresión illada da arquitectura romana de comezos do século XX, o quartiere colle o seu nome do arquitecto que o proxectou en 1915. Os seus edificios e vilas crean unha atmosfera surreal que nos transporta a unha realidade case fantástica. De feito, os seus palazzi, escenario de numerosas lendas urbanas, inspiraron a mestres do cine de terror coma Dario Argento.

Atoparedes máis fotos e curiosidades aquí.

Top: Vintage // Vaqueiros: Primark // Bailarinas: Zara // Pano: Vintage