ROMAN ROOFTOPS

rooftop015

rooftop012

rooftop010

rooftop011B

rooftop007

rooftop002

rooftop003

rooftop014

rooftop017

rooftop018

Como boa Capricornio (cabra) que son, sentinme sempre atraída polas aturas. Así é que unha das cousas que máis me gustan de Roma son os seus tellados. Hai moitos parques e miradoiros onde ver a cidade dende arriba, a súa desorde caótica, os seus mil millóns de antenas e as suas cores alaranxadas ao solpor. La vera Roma, vaia. A miña casa, como as demais, ten unha terraza estupenda dende onde contemplar os tellados do barrio. A primavera é o momento perfecto para gozar dela.

E para entrar de cheo no modo primaveril, moitas flores. Xa sei que esta camisa tivo o seu auxe o ano pasado e que estaredes ata o moño de vela, pero que non podía faltar e, de feito, volverá aparecer pronto. É cómoda, favorece, non se engurra e ten un estampado precioso.

Gústavos?

Camisa: Zara // Vaqueiros: H&M // Botíns: Zara // Bolso: Vintage // Anteollos: Oliver Peoples

Il you like it, like it! :)

VISITING TUSCIA

shorts-levis-001

shorts-levis-002

shorts-levis-004

shorts-levis-005

shorts-levis-007

shorts-levis-008

Tuscia001

shorts-levis-010

shorts-levis-011

shorts-levis-012

shorts-levis-013

Cando vou por aí de excursión, gústame vestirme con roupa cómoda que me dea mobilidade. Adoito escoller pezas curtas, con ou sen medias dependendo da estación, e un calzado co que poder turistear a gusto. Os shorts Levi’s, dos que teño varios pares, son una elección frecuente nestes casos; van ben con todo e danme total liberdade de movemento. Tamén as botiñas brancas destas fotos teñen moita experiencia en viaxes e demais, de feito están estragadas de tanto camiñar.

Esta volta, a escapada de fin de semana foi á Tuscia; unha zona do Lazio preto de Roma. Ten tanto encanto como Toscana ou Umbria, pero está menos explotada turisticamente, e na primavera é un posto moi tranquilo. As paisaxes son de película e a xente encantadora. Recoméndovola absolutamente.

Top: Vintage // Shorts: Levi’s // Cardigan: Vintage // Botiñas: Zara

Il you like it, like it! :)

BLACK VELVET

camiseta-terciopelo-06

camiseta-terciopelo-09

camiseta-terciopelo-03

camiseta-terciopelo-07

camiseta-terciopelo-04

camiseta-terciopelo-01

camiseta-terciopelo-02

Por se aínda non quedara claro, insisto, a miña economía non pasa polo seu mellor momento e iso nótase á hora de escoller que poñerme. Algo tan normal como pode ser mercar uns vaqueiros de 30€ é para min, neste momento, un soño. Solución/placebo? Ir á feira. Hainas en tódalas cidades e, rebuscando un pouco entre os montóns, pódense atopar roupas poñibles por menos de 5€. Aínda que son das que pensan que se creas un look exclusivamente de roupa de segunda man é moi probable que o resultado sexa un esperpento e que parezas tirada dun filme dos 80, ás veces o froito desta combinación non é tan desagradable á vista. Neste caso concreto, quitando os zapatos e o cinto, atopámonos ante un total look da feira.

Os pantalóns encantáronme dende o principio, aínda que teñen un corte pouco favorecedor (sobre todo no meu caso ao ter as cadeiras anchas). Por iso decidín combinalos cunha camiseta axustada, concretamente de veludo negro, que polo menos me quitase volume por arriba. O bolso, tamén Delmer (-cadillo), é de coiro e pódese usar con ou sen cadea.

Aínda que parece que xa chegou o bo tempo a Roma, pola noite seguen baixando as temperaturas, polo que o uso de medias faise indispensable. Un simple abrigo negro para evitar o fresco e listos para saír!

Que vos parece?

Top: Vintage // Shorts: Vintage // Cinto: Zara // Zapatos: Zara // Bolso: Vintage

Il you like it, like it! :)