Hai pouco descubrín unha boutique moi especial en Roma. Especial non só polas cousas fermosas que vende, que son moitas, senón porque se chama coma min! Si, Melissa Boutique :) Foi alí onde atopei este colorido vestido da marca danesa St-Martins e máis o cardigan azul eléctrico. Ademais duns pendentes preciosos que espero ensinarvos axiña.
Aínda que últimamente parece que o negro é a miña cor predilecta para me vestir, os soleados días outonáis que nos está regalando Roma fan que escolla looks coloridos máis frecuentemente. Vós como vos vestides en outono?
Vestido e cardigan: St-Martins para Melissa Boutique // Turbante: Bershka // Botas: Zara // Bolso: Tiger // Pulseira: Léa Galli