Sobre min

ABOUT
Son Melissa. Coruñesa, establecida en Roma dende hai uns anos, estudiante de comunicación en tódalas súas formas e cores, traballadora full-time, viaxeira de lugares cercanos e vividora de momentos presentes, pasados e futuros.

O meu blog nace a metade de 2012 coma un proxecto persoal. Impulsado pola miña necesidade de crecemento interior e de evolución profesional, combina as miñas principais pasións; moda, fotografía e linguas. Coma Roma, da que me namoran os seus monumentos coma os seus recunchos, a moda é ás veces obxectivamente fermosa e outras a súa beleza é simplemente froito do meu modo de ver. Este blog reflicte esa visión, tan reducida ou tan larga como ti a vexas.

È casa para a miña liberdade de expresión e para a expresión da miña liberdade.

Melissa V.

Para máis información podes visitar www.melissavarela.com

Fotografías: Gabriele Sedda / JCriss Fotógrafo (www.jcriss.com)

Cityblis

Il you like it, like it! :)