Hoxe un look moi “man repeller“ (ou repelente de homes) e pode que tamén women repeller, hehe. Pero tiña que sacar dalgún xeito estes vaqueiros anos 80 de cintura alta, que milagrosamente son o meu talle perfecto (de ancho e longo). Non atopei mellor maneira de combinalos que con este sostén de Oysho a modo de crop top. Too much? Seguramente si… así que, postos a tirar a casa pola fiestra, probei tamén unha falsa melena bob, que vos parece?
As sandalias son de Zara e o bolso redondo é o segundo que deseñei para Greenvalley. Neste caso puiden elixir tamén a forma e pensei que unha carteiriña redonda sería moi orixinal. Cal vos gusta máis? O bolso redondo ou a carteira de man amarela do anterior post?
Sostén: Oysho // Vaqueiros: Carrera // Sandalias: Zara // Bolso: Greenvalley // Chaqueta: Vintage