Hoxe ensínovos unhas fotos diferentes, do final das miñas vacacións en Cerdeña. Aínda que a illa é coñecida sobre todo polas súas praias, a parte interior tamén é moi bonita e case tan verde como a miña amada Galicia.
Este vestido de estampado xeométrico de Zara foi un dos meus comodíns do verán, apto tanto para ir á praia como para saír de noite con só cambiar as sandalias planas por uns tacóns. Namorei del nada máis velo (nas rebaixas de verán) e, aínda que é unha talla L, non dubidei en compralo. As sandalias negras con apliques de pedriñas son tamén de Zara pero de hai 6 ou 7 anos, aínda que me seguen parecendo igual de bonitas que o primeiro día. Como as vedes?
Agora as vacacións acabaron e “comeza o curso”, toca a volta á rutina. Dentro de pouco, xa desde Roma, ensinareivos novos looks. Mel Rose Place entra na súa primera temporada outono-inverno! Para ir abrindo boca, déixovos con esta entrevista no blog de Denise Arlanzón na que falamos sobre as tendencias do outono ademais de moitas outras cousas sobre o meu blog e a moda en xeral. Non a perdades!
Vestido: Zara // Sandalias: Zara