Como vos dicía no primeiro post do verán, cada vez me gustan máis os bañadores enteiros. Teño varios vintage (que non de segunda man), que uso cada vez máis, e un par máis actuais que merquei hai uns anos. O destas fotos é un bañador dos anos 70, en lycra súper resistente (non como os de agora) e cun corte moi favorecedor.
Como inspiración para este post, creei este taboleiro en Pinterest con fotografías de bañadores, praias e cores estivais. Pinterest é unha das miñas redes favoritas onde encontrar inspiración para as fotografías e estilismos de Mel Rose Place. Podedes seguirme en Pinterest aquí.
As fotos están feitas na praia de Geremeas, en Cerdeña, un dos tantos areais paradisíacos desta fermosa illa do Mediterráneo, coñecédela?
Bañador: Vintage