Despois de moitos meses desexando que chegase o día, o 10 de agosto foi tan intenso que pasou nun abrir e cerrar de ollos. A voda dunha das miñas grandes amigas foi sen dúbida o evento do ano e monopolizou as conversas do verán; antes, durante e despois da celebración.
Unha ocasión tan importante merecía un look á altura. Apropiándome da idea inicial da miña amiga Nico (autora do tan inspirador blog Un Café con Nico), escollín este vestido vermello de Mango, nun fino tecido de seda e con escote asimétrico. Como única xoia, uns pendentes verde esmeralda de Massimo Dutti e nos pés uns súper tacóns ben cómodos para poder bailar sen preocupacións.
A voda foi todo un éxito e o vestido resistiu os 4 pratos de marisco e as 8 horas de baile sen manchas nin descosidos. Probablemente paseime de clásica pero seguro que, cando mire o álbum de voda da miña amiga dentro de 20 ou 30 anos, agradecerei non ter levado un dos meus looks extravagantes… A vós que vos parece?
Vestido: Mango // Sandalias: Zara // Pendentes: Massimo Dutti