Damos a benvida ao verán dende unha fermosa praia en Toscana, Cala Violina. Este paradisíaco punto da costa tirrena, debe o seu nome ao son que fai a area ao camiñar sobre ela, que recorda ao das cordas dun violín (comprobado).
E para a praia, traxe de baño e sandalias. Desde pequena sempre me gustaron os traxes de baño enteiros, que son máis cómodos para estar na auga, e aínda agora son unha opción frecuente para o verán. Outras habituais son estas cangrexeiras de silicona que me acompañan en tódalas miñas expedicións costeiras dende hai xa 3 anos; son moi cómodas e perfectas para camiñar ou facer snorkel en zonas rochosas.
E vós? Entrastes xa no modo verán?
Traxe de baño: Vintage // Sandalias: De Fonseca // Shorts: Levi’s
Il you like it, like it! :)
1 comment
Leave a reply →