Agora fálase da tendenza sport como algo super novidoso, pero a min iso de levar zapatillas deportivas con roupa normal paréceme unha cousa de toda a vida e sempre fun unha fan incondicional desa combinación. Estas Nike merqueinas hai case 5 anos precisamente para iso, para poder levalas cuns vaqueiros ou unha saia e evitar as miñas Asics de correr (que esas sí que son feas). Sobra dicir que son comodísimas. Son unha elección frecuente para os domingos campestres, sobre todo se teño que conducir. Xa que non son moi hábil neste menester, é primordial para min usar uns zapatos cómodos e flexibles e levar o pelo ben recollido para evitar calquera tipo de distracción ao volante.
Falando de tendenza sport, se tedes a oportunidade de ler a edición impresa de La Voz de Galicia de hoxe, atoparédesme entre as súas páxinas vestida con outras sneakers que adoro. Déixovos aquí o artigo.