Nestes tempos de tempo (meteorolóxico) incerto, unha nunca sabe que poñerse; sobre todo en Galicia, onde podemos ter as catro estacións nun mesmo día. Nestas épocas do ano hai que vestir de “entretempo” no sentido máis amplo da palabra; vestidiño lixeiro de encaixe con medias finas e unha chaqueta na man por se acaso. Os zapatos, de Zara, atopeinos nunha feira na rúa en A Coruña; estaban sen usar, coa etiqueta e costáronme 8€! O bolso, coma sempre, é de segunda man; dos prezos das miñas gangas vintage falareivos máis adiante…
Vestido: Blanco // Chaqueta: Mango // Zapatos: Zara // Bolso: Vintage
Il you like it, like it! :)