Hoxe visitamos, con Cultura Hipster, un dos parques máis emblemáticos de Roma: Villa Borghese. En pleno centro da cidade, é o lugar perfecto para un picnic ou un paseo en bicicleta (como neste caso). É xigante e, visto desde o avión, ten forma de corazón; dentro de Villa Vorghese hai un zoo, dous cines, un lago, tres museos e, atención, 44 fontes de todos os estilos e formas.
Para unha xornada de parque e bici, un look moi cómodo e básico. O meu elemento favorito? Estas sandalias que merquei en inverno (sí, son moi previsora) e que non me quito dos pés dende que comezou a primavera.
Animádesvos a dar un paseo por Villa Borghese?
Podedes ver máis fotos aquí.
Camisa: Vintage // Jeans: Primark // Sandalias: Mercato dell’Esquilino // Cinto: Vintage // Mochila: Vintage
1 comment
Leave a reply →