Primeira toma de contacto. È necesaria unha explicación.
O meu blog nace pola miña necesidade de contarlle ao mundo (ou sexa, aos catro gatos que o leerán) as miñas ideas fashionistas. As miñas grandes ideas que ás veces me fan comprar cousas estranas e saír da casa vestida de maneiras un tanto extravagantes (só ás veces), pero que nunca deixan de aparecer e divertirme.
O meu presuposto adoita ser baixo, así que trato de argallarme entre mercados de segunda man (tamén chamados vintage, che soa máis cool) e terceiras rebaixas en Inditex e H&M. Iso si, ás veces concédome algún antollo (de non máis de 50 €, claro). Así è a vida, xentes, estamos en crise. Non vou dicir que non me gustaría ter moitas cousas que non teño, pero polo momento o que me resta é reinventalas ao meu modo nunha burda imitación sempre económica.
Observaredes que o meu estilo pode cambiar sen moito motivo dun día para outro, porque me gusta (casi) todo, pero básicamente móvese entre o cómodo total (sen accesorios nin cousas monas) e as mesturas raras que dan lugar a looks variopintos. Digamos, aínda así, que son bastante clásica, ás veces demasiado. Intentarei domar o meu estilo e facer cousas intermedias co que o meu roupeiro me permite.
Para comezar e reunir tódolos adxetivos, un look variopinto, moi cómodo e de vestidos absolutamente clásicos.
Xersei: Vintage // Shorts: Levi’s // Botas: Vintage